Un total de 77 vilagarciáns maiores de 65 anos contaron o ano pasado coa tarxeta de transporte que concede a Concellería de Persoas Maiores para favorecer a autonomía persoal deste colectivo. Trátase dun bono bus, subvencionado polo Concello en colaboración coa empresa Pereira, que funciona como tarxeta monedeiro para os desprazamentos urbanos no transporte público colectivo. |