O Conservatorio Municipal de Música de Vilagarcía e a Escola Municipal “Bernardo del Río” suspenden a partir de hoxe as clases presenciais como consecuencia das novas restricións aplicadas pola Xunta de Galicia para as vindeiras tres semanas. As clases seguirán impartíndose en ámbolos dous centros de forma telemática ata o 17 de febreiro, día no que remataría o período vacacional de Entroido. |