O Concello de Vilagarcía vén de completar a obra de mellora da rede municipal de saneamento na rúa Fondo da Vila, en Trabanca Sardiñeira, onde a antigüidade da instalación orixinaba constantes avarías e os conseguintes prexuízos para a veciñanza. Para resolver esta problemática, o goberno local investiu 17.800 euros. |