Tal e como se comprometeran hai dous meses, cando mantiveran unha primeira xuntanza, o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, se reuniron hoxe de novo –desta volta, telematicamente- para avanzar no proxecto da reforma integral do pavillón número 1 de Fontecarmoa. Cunha primeira valoración económica na man, Varela e Lete chegaron ao acordo de que o Concello porá 2/3 do presuposto e a Xunta, o terzo restante. |