Vilagarcía adiántase este ano á celebración do Día Internacional da Danza, que se conmemora o 29 de abril, e faino do mellor xeito posible: cun espectáculo de danza contemporánea con base no baile e na música tradicional. Trátase de “Ceibe”, a última produción da recoñecida compañía do galego Fran Sieira, que se representa o venres, 26 de abril, a partir das 20 horas no Auditorio, e que xira en torno ao estereotipo machista no baile tradicional. |