 Observaciones |
|
|
A Fundación ”la Caixa”, coa colaboración do Vitra Design Museum e o Concello de Vilagarcía presenta "Heroes ocultos. Inventos xeniais. Obxectos cotiás" unha innovadora mostra de divulgación do deseño de aqueles elementos que compoñen a nosa rutina e as nosas costumes. Elementos ideados para facernos a vida cotiá máis práctica e cómoda, e que teñen perdurado no tempo, algúns deles practicamente sen modificacións, transcendendo con toda seguridade as propias pretensións dos seus creadores. Inventos, todos eles, que nos pasan desapercibidos no noso día a día, acostumados xa ao seu uso habitual, pero que modularon nosa existencia de forma concluínte e evidente
O clip, a bombilla, os mistos, a fregona, a lata de conserva, o botijo, o lapis, o paraugas, o bolígrafo, a goma elástica, as notas adhesivas, a aceiteira antigoteo, e o lego son os obxectos que se recollen nesta interesante mostra e dos que se conta tanto a súa idea e obxectivo orixinario como o proceso de creación, produción e evolución dos mesmos.
VISITAS GUIADAS todos os días (de luns a domingo) ás 12 e as 19 horas. Son gratuítas. |