_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | FEIRA DAS TAPAS
Fecha Inicio
  | 27/08/2010
Fecha Fin
  | 29/08/2010
Horario
  | 20:00
Lugar
  | Parque Miguel Hernandez
Precio
  | Tapa a 1,5 euros. Copa de viño a 1,5 euros. Botella de villa 9 euros.
Observaciones
 
| Os padais máis exquisitos poderán deleitarse coas preto de cincuenta tapas diferentes que se servirán nos stands do Parque Miguel Hernández e entre as que se poden atopar dende os pinchos máis sofisticados ata os máis enxebres e tradicionais. O prezo da tapa: 1,5 euros.

A II Feira das Tapas abrirá as súas portas mañá ás oito da tarde. Dende entón, os 14 establecementos hostaleiros asociados á Ahituvio que participan no evento comezarán a servir a súa oferta de tapas. A carta é apta para todos os gustos. Entre os pinchos máis elaborados e innovadores atópanse a Ensalada de Bacallau marinado con mango e vinagreta de cítricos, a Cazola de Berberechos ó inferno con gulas, Gambas ó albariño, Chopiños ó pisto cos cruxinte de xamón, Cazoliña de fabas guisadas con lebre de monte ou Carpaccio de entrecot de boi con parmesano e compota de albaricoque.

Os comensais máis tradicionais poderán optar por tapas máis típicas ou enxebres e igual de saborosas como Pan de millo con ovos e xamón, callos, mexillóns ó vapor, lacón á feira ou caramuxos. E os que non se decaten por un ou outro estilo, sempre poden recorrer ó termo intermedio probando os Bocadiños de empanada de grelos con chourizo e xamón, unha revisión actualizada de dúas receitas tan galegas como a empanada e o lacón con grelos.

Este ano as tapas pódense adquirir de xeito individualizado, polo prezo de 1,5 euros cada unha. Este mesmo custe terá a copa de viño. En caso de optar pola botella enteira de Albariño ou Mencía, o prezo é de 9 euros. Tamén haberá outros viños, aínda que todos de produción galega. Do mesmo xeito que os ingredientes das tapas comporanse de produtos da terra, xa que ademais de promocionar á hostalería e o turismo en Vilagarcía, a Feita das Tapas tamén busca exaltar e dar a coñecer a calidade dos produtos gastronómicos galego.

Aínda que os stands abrirán as súas portas ás oito, a inauguración oficial da Feira das Tapas terá lugar unha hora despois. O gusto e o olfacto non serán os únicos sentidos que poderán gozar neste evento. O oído, a vista e tamén o espírito tamén poderán deleitarse co ambiente festivo que reinará durante a xornada inaugural coa actuación do grupo Festicultores, que se caracteriza pola vistosidade e alegría dos seus espectáculos musicais e de animación de rúa.

O horario da Feira das Tapas será o venres de 20:00 a 00:00 horas. O sábado e domingo pola mañá de 12:30 a 16:00 horas, e pola tarde de 20:00 a 24:00 horas o sábado e pechando unha hora antes o domingo.
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2010  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -