|
A exposición pictórica componse dun total de 42 obras de pequeno e mediano formato a través das que Paz invita ao espectador a gozar de xeito pausado e en silencio para deixarse levar cara a súa propia interpretación.
O papel é o soporte común de todas as obras, aínda que tratado de diferente xeito. Nunhas ocasións como simples pregos lisos e outras como pranchas onduladas que semellan uralitas pintadas. E tamén bolsas de papel fermosamente estampadas e que compoñen una orixinal serie coa que Paz pretende lanzar unha mensaxe ecolóxica: a de que todo se pode reciclar, incluso unha simple bolsa de papel á que se lle da unha segunda vida converténdoa nunha obra de arte