 Observaciones |
|
|
Fexdega volverá a ser escenario este Nadal do Fexturrón, o programa de actividades lúdico recreativas para público familiar organizado polo Concello de Vilagarcía para as vacacións de Nadal. A edición deste ano volve a contar coa pista de patinaxe sobre xeo e contará como principal novidade cun tobogán de xeo. O parque de atraccións de Nadal se completa co dragón mecánico, un carrusel, inchables de diferente temática e tamaños, tirachinas, autos de choque, scalextric, teatro virtual 6D e camas elásticas.
Ademais, haberá actividades de animación dirixidas por monitores como obradoiros de maquillaxe e pintado de cara, sesións de teatro-clown, obradoiros de cociña e de manualidades, números de maxia, animación con bonecos de tamaño natural, unha ludoteca con xogos clásicos e ata un horto urbano. Ademais, o Fexturrón recibirá a visita de Papa Noel.
PREZOS De balde: entrada ao recinto, o obradoiros e actividades de animación. A pista de xeo: a 6 euros (sesión de 45 minutos), 10 euros (sesión sen límite de tempo), 54 euros (bono de 10 sesións de 45 minutos).
Parque de atraccións. 6 euros (10 ticketts). cada viaxe nas atraccións custa 1 ticket (incluido o tobogán de xeo) excepto o teatro virtual e o jumpig, que custan 2 tickets por persoa e viaxe.
Tamén se ofrecen prezos especiais para escolares e grupos concertados de máis de 20 persoas.
|