_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | FESTIVAL DA REVOLTA
Fecha Inicio
  | 09/07/2010
Fecha Fin
  | 09/06/2010
Horario
  | 22:00
Lugar
  | Vilaxoán
Precio
  | Entrada de balde
Observaciones
 
| Vilaxoán convértese no escaparate da música alternativa galega co minifestival que se desenvolverá nas instalacións do Fogar do Pescador e no que actuarán os grupos Última Sacudida, Skarmento, Post-Morten e Skalopendra. A entrada é de balde.

A iniciativa de organizar A Revolta partiu dun grupo de mozas e mozas de Vilaxoán e da asociación cultural e xuvenil Alén da Lenda que conta coa colaboración da Concellería de Xuventude.

ÚLTIMA SACUDIDA: Forza e melodía. Estas son as dúas palabras que definirían perfectamente o son deste grupo lalinense. Influenciados por grupos coma Social Distorsión ou Cock Sparrer, o grupo fórmase aló polo 2003, e ata o día de hoxe, levan ás súas costas multitude de concertos nos que chegaron a compartir escenario cos principais grupos da escena punk-rock internacional. Na actualidade están á espera do que será o seu segundo traballo logo de “Raw and loud” editado polo selo alemán Conehead Records.

SKARMENTO: Este mítico grupo da capital do Deza comezou como un simple proxecto duns rapaces que hoxe en día está considerado como un dos referentes da escena punk rock galega. Unha longa carreira que os levou a dar numerosos concertos na Galicia e no resto do territorio estatal,. Chegando incluso a xirar por outros países europeos como Alemaña ou Francia. Recentemente veñen de publicar o seu terceiro traballo “Punk-Rock from Donramiro” no que, tras “Que podemos agardar?” e “Música anti-sistema” dan un paso máis no denominado “Donra Sound”.

POST-MORTEN: O grupo fórmase en Compostela no verán de 2004. Axiña gravan o que será o seu primeiro traballo “Mi primera excomunión”, ao cal lle segue “Lixo Gara” no que comparten disco cos vascos de Afonía. Este traballo ábrelles as portas para telonear ás lendas do streetpunk británico Cockney Rejets na súa visita a Galicia. No pasado ano 2009 sacaron un Ep compartido cos terraconeneses Vondänikens titulado “Camino de perdición” tras o cal deciden tomarse un breve receso. Agora voltan aos escenarios con nova formación e Vilaxoán é a súa próxima parada.

SAKALOPENDRA: Estes mozos arousáns aínda son uns descoñecidos para moitos. Segundo eles mesmos se definen, Skalopendra é unha panda de cinco rapaces con moitas ganas de pasalo ben. Comezaron a ensaiar hai uns dous anos nos intres que lles quedaban libre estre os estudos. As súas preferencias musicais compóñense de grupos como Extremoduro, Boikot, Ruxe Ruxe, Heredeiros da Crus, System o fa Down ou Ramones.
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2010  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -