_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | Exposición: Europa foi Camiño. A Peregrinación a Santiago na Idade Media
Fecha Inicio
  | 07/07/2010
Fecha Fin
  | 22/08/2010
Horario
  | 11:00
Lugar
  | Puerto Deportivo
Observaciones
 
| O Camiño de Santiago significou na historia europea un dos primeiros elementos vertebradores do vello continente. O achado do sepulcro do primeiro apóstolo mártir no século IX supuxo atopar un punto de referencia que contribuíu á consolidación dos territorios conquistados polas emerxentes monarquías cristiás, ademais de abrir diferentes vías de conexión coa Europa cristiá e co mundo musulmán da Al-Andalus.

A exposición “Europa foi camiño. A peregrinación a Santiago na Idade Media”, realizada pola Obra Social de La Caixa, coa colaboración do Concello de Vilagarcía, pretende mostrar ao visitante, a través de seis ámbitos diferenciados, a orixe do Camiño de Santiago, a súa construción, a vida cotiá durante a peregrinaxe e as infraestruturas que deron forma á principal vía de peregrinación da Europa medieval.

A mostra propón un itinerario que evoca o propio Camiño de Santiago coa vontade de que o espectador se converta en peregrino e visite algunhas das súas principais paradas a partir da recreación de diferentes ambientes mediante escenografías: o mercado, os talleres de artesanía, os scriptoria, un hospital coa súa botica ou o interior da catedral románica de Santiago durante a Idade Media. O proxecto da exposición “Europa foi camiño. A peregrinación a Santiago na Idade Media” foi dirixido por José Manuel García Iglesias, catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela e comisario xeral das exposicións do Xacobeo 2004. O comisario da mostra é o profesor titular de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Manuel Monterroso Montero.

Horario:
De martes a domingo, de 11.00 a 14.00 h e de 18.00 a 22.00 h.
Luns non festivos, pechado

Visitas guiadas:
De martes a domingo, ás 12 e 19 h
Outras reservas:
902 906666
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2010  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -