_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | CONCERTO MÚSICAS PORTUARIAS - Uxía
Programa
  | Músicas portuarias
Fecha Inicio
  | 06/08/2010
Fecha Fin
  | 06/08/2010
Horario
  | 23:00
Lugar
  | Avda. de la Marina
Observaciones
 
| Vintecinco anos de carreira artística converten a Uxía nunha das voces máis populares e valoradas da nosa música. As súas cancións teñen sempre a presenza latente ou explícita da música tradicional. Desde o seu debut con’”Foliada de Marzo’ en 1986, o seu traballo representa un punto de encontro para as diferentes culturas, un xeito de comunicación entre pobos e xentes. Debnde entón non parou no seu afán por renovar a música tradicional e por aproximala a outras culturas.

O seu último traballo, ‘Eterno Navegar’, é froito da continua busca de novos horizontes desta cantante e compositora. Nel, as raíces galegas conviven cos cantos portugueses e africanos de maneira natural, innovadora e vangardista. O resultado son quince temas cun estilo moi persoal, que percorre as sonoridades atlánticas, fundindo o fado, o alalá ou a morna.

‘Eterno Navegar’ é unha proposta de autora no que conviven letras propias con poemas de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro ou Marica Campo. É un traballo de madurez vital, repleto de sensibilidade, que amosa abertamente a plenitude serena da artista, para quen “a música, a arte e a vida son un todo e, medrar, un eterno navegar”.

En directo, a voz de Uxía e o traballo conxunto dunha banda excepcional formada por Paulo Borges no piano, Santi Cribeiro co acordeón, Xacobe Martinez co contrabaixo, Quiné na batería, Jon Luz co cavaquinho e Rúben Santos co trombón conseguen, ademais, que o directo reflicta a forza que transmiten as cancións deste disco xunto as que soarán algunhas das máis representativas dos seus 25 anos de carreira.
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2010  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -