_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | CURSO: Xestión avanzada de proxectos sociais
Programa
  | FESTA DA SOLIDARIEDADE 2010
Fecha Inicio
  | 22/09/2010
Fecha Fin
  | 24/09/2010
Horario
  | 16:00
Lugar
  | Auditorio
Observaciones
 
| Este obradoiro organizado dende a Concellería de Xuventude e Solidariedade en colaboración coa empresa Xeneme, preséntase coma unha necesaria e interesante alternativa para a adquisición de novas fórmulas que axuden ás entidades sociais a superar a crise, coñecementos en materia de innovación tecnolóxica, e novos posibles proxectos a abordar adaptados ás necesidades destes colectivos. Este curso atópase dentro do programa de actividades previas á Festa da Solidariedade.

Obxectivos
Analizar as circunstancias e impacto da actual crise sobre as entidades e Políticas Sociais.
Analizar novas ferramentas para a dirección de proxectos sociais.
Propoñer a incorporación de novas disciplinas á xestión de proxectos sociais.

Contidos
Consecuencias da actual crise sobre os proxectos sociais.
Tendencias para a innovación social.
Formulas para incrementar o valor e impacto dos proxectos.
Deseño de proxectos eficaces.
Software de xestión de proxectos.
Como usar a Web 2.0.

Metodoloxías
Partirase da creación dun grupo de discusión para abordar os diferentes contidos desde a praxe diaria. As presentación de contidos faranse en modo 10/20/30.
Combinarase coas mesas redondas onde as entidades sociais de Vilagarcía amosarán o seu traballo.

Destinatarios/as
Profesionais da área social, que desenvolvan o seu traballo en entidades públicas ou privadas, con capacidade de xerar e introducir cambios na organización.
Persoas desempregadas con experiencia e formación na área social.
O número máximo de participantes no curso é de trinta persoas previa inscrición. O prazo para anotarse xa pechou o 21 de setembro.

Horarios
Mércores 22, de 16 a 19. Conferencia de 19 a 21.
Xoves 23, de 16 a 19. Mesa redonda de 19 a 21.
Venres 24, de 10 a 14, e de 16 a 19. Mesa redonda de 19 a 21.

   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2010  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -