|
O parque público do barrio do Piñeiriño será o escenario do Concerto de San Xoán que ofrecerá a Banda de Música de Vilagarcía. O Concello, en colaboración coa asociación veciñal, promove este concerto co obxectivo de poñer a semente que serva para recuperar unha festa que contaba cunha grande tradición no Piñeiriño e que se perdeu hai uns anos. O concerto pretende ser a lapa que prenda no barrio para que os veciños volvan a recuperar a tradicional festa de San Xoán do Piñeiriño, a que tiña máis sona no municpio debido a súa gran cachada e a sardiñada popular que se organizaba a noite do 23 de xuño.