 Observaciones |
|
|
Festival de grupos de rock e pop de Vilagarcía
Explanada do Auditorio.
PACODELIA Pacodelia naceu nos locais de ensaio do auditorio, coa reunión de tres rapaces para facer algo de ruído pola semana. O nome é unha homenaxe a Paco, conserxe do auditorio, que coa súa presenza nalgúns dos ensaios sempre axudou a crear un estilo e a mellorar como grupo. Logo da participación no "Son de Aquí" e no "Certame de Grupos", e duns cambios na formación do grupo (coa incorporación fixa de Cristian, Piti, Lean e Miriam), agora participan neste San Rock 2011.
WHO KNOWS Who Knows é unha banda formada por seis músicos que se xuntaron hai un ano. Co seu estilo Rock&Roll clásico mesturan composicións propias con versións de grandes deste estilo como os Rolling Stones, The Doors, Lenny Kravitz e algúns máis.Con varias actuacións xa ás súas costas (festivais, concursos, locais e televisión) e en vías de publicar a súa primeira maqueta nos vindeiros meses, ofrecerán un espectáculo propio e para todos, máis aos amantes deste xénero. |