 Observaciones |
|
|
A BIG BAND volve a animar as rúas de Vilagarcía cunha actuación na Rúa Alcalde Rey Daviña.
Esta agrupación nace no seo da Banda de Música de Vilagarcía de Vilagarcía de Arousa, especializándose na música dos anos vinte, jazz, blues, etcétera. Está dirixida por Jesús Nogueira Franco, director da banda e profesor da escola de música.
Esta Big Band ten unha historia moi curta, xa que foi presentada o 27 de febreiro de 2005 no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, cunha gran acollida polo público asistente. O seu repertorio é moi diverso. Conta con todos os instrumentos que conforman unha big band, así como co cantante Manolo Suárez que formou parte do grupo musical Los Tamara. |