 Observaciones |
|
|
Rúa Rey Daviña.
MOONJACKETS É unha banda vilagarciá composta por membros de dous grupos xa extintos, "Lost&Found" e "Stay Pretty". Trátase dun trío musical caracterizado polo son dun R&R extravertido, cargado de frescura na renovación da forza e melodía dos grandes clásicos do rock. Unha vez superadas as nosas influencias iniciais, tales como o punk dos 70 e after-punk dos 80, fomos evolucionando ata conseguir un son propio, cargado de enerxía no que orbitan ritmos eléctricos e harmonías espaciais.
Moonjackets esfórzase por ofrecer poderosos directos nos que presentan novas composicións e persoais versións. Levan facéndoo dende o ano 2006, e dende entón pasaron polas máis míticas salas galegas, tales como "A Fábrica de Chocolate", "Capitol", "O Náutico" ou "O Clandestino".
SEANGLES O grupo foi creado por un grupo de tres amigos en setembro de 2010, con o único fin de pasar o seu tempo libre desenvolvendo unha afición que aos tres lles apaixona: a música. Debido a diversos problemas personais, de compatibilidade de horarios, etcétera, a banda incorporou en xaneiro de 2011 un guitarra, un baixo e un teclista. Seangles son hoxe: Bao, guitarra solista, cantante; Lino, guitarra rítmica, voces; Cándido, teclados; Paco, baixo, voces; e Modino, batería. O repertorio de SEANGLES está composto por temas clásicos do rock´n roll dos anos 70, 80 y 90. |