 Observaciones |
|
|
para ofrecer versión de temas míticos dos 70 e 80, así coma algunhas composicións propias.
STRIKKERS A historia do grupo comeza en Vilagarcía, a finais dos anos 60. A súa estética e estilo pouco estandarizado para a época, fíxolles un oco con gran popularidade no ambiente musical comarcal de entón, desaparecendo anos mais tarde. No ano 2009 e con motivo do festival “Coa axuda dos meus amigos”, o grupo formouse de novo,mesturando experiencia e xuventude e recibindo unha gran acollida do publico.
VERSIÓN B Versión B naceu en 2009, aínda que non deu o seu primeiro concerto público ata 2010, no auditorio. Dende entón xa tocaron en Santiago (festas do Apóstol), Vilanova (concentración moteira) e outros encontros musicais. O grupo está formado por Rafa Jiménez, cantante; Tatá, guitarra, teclados e voces; Javier Gago, guitarra rítmica e voces; Paco Mariño, baixo; e Eloy Magariños, batería. Versión B interpreta pop, rock, hard-rock e blues e a autores como Bob Dylan, Rolling Stones, Beatles, Sabina, Guns' Roses... e algúns temas propios. |