_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | TEATRO PARA BEBÉS. "Os Axóuxeres"
Programa
  | Rede de Dinamización Lingüística
Fecha Inicio
  | 17/11/2012
Fecha Fin
  | 17/11/2012
Horario
  | 12:00
Lugar
  | Auditorio
Precio
  | Entrala libre e de balde, previa inscrición
Venta
  | Inscricións no teléfono 637 179 304 (de 9 a 16 Horas)
Observaciones
 
| Bebés de 0 a 3 anos son os destinatarios do Encontro Teatral dos Axóuxeres, un espectáculo promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e que protagonizan unha divertida familia de bonecos. A función teatral conta cun orixinal formato, xa que está pensada para bebés e pretende que tanto as crianzas como os seus pais e irmáns, compartan un bo rato á vez que aprenden a divertirse e relacionarse en galego. Teatro, contos, cancións e bailes compoñen o espectáculo no que público e personaxes interactúan.

As persoaxes

Este ano, Os Axóuxeres veñen da man de novos personaxes, unha divertida familia de monecos que vive encol dunha mesa do dormitorio dun neno. Lúa, a nai da familia, é unha muller nova, alegre e dinámica que traballa como médica. Antón é o marido de Lúa. Un home namorado da natureza que vive o seu traballo de xardineiro con paixón. Iria, con 5 anos, é a filla máis vella de Lúa e de Antón. Gústalle tanto o baile que os pés se lle moven sos cando escoita a música, estea onde estea. Xan é o irmán de Iria, de 4 anos. Encántalle o deporte, sobre todo o salto, de altura ou de lonxitude, tanto lle ten (ás veces ata os mestura). Pelouro, que aínda non fixo o ano, é o pequeno da familia. Todo o sorprende. Pasa o día ao lado do seu amigo Roi. R01- ou Roi, como lle chaman aquí no planeta Terra- é un extraterrestre acabado de chegar. Todo é novo para el e por iso case sempre se equivoca, pero é raro que admita os seus erros. A súa frase favorita: "Xa o sabía". Por último, completa esta orixinal familia, Moncho , un neno amigo de Xan e de Iria. Como xa ten 6 anos, os dous queren ser coma el.
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2012  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
Congreso Vai de Rúas 2022
voluntariadogalego.org
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2023. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -