 Observaciones |
|
|
Promovida polo Parlamento de Galicia para conmemorar o 50 aniversario do Día das Letras Galegas e elaborada pola Real Academia Galega en colaboración coa Consellería de Cultura, a exposición consta de 51 paneis protagonizados por cada un dos autores aos que se rendeu homenaxe nesta efeméride.
A exposición está formada por cincuenta e un paneis nos que se rende homenaxe, mediante unha medalla obra de Siro López e Manuel Ferreiro Badía e unha breve biografía, a cada unha das distintas figuras da nosa cultura que foron protagonistas do Día das Letras Galegas desde a súa primeira edición, en 1963, ata o 2013, ano dedicado a Roberto Vidal Bolaño.
Concibida cun fin divulgativo, a mostra está orientada ao público infantil e á comunidade educativa galega, entre a que se pretende espallar o coñecemento da nosa cultura e elevar a súa valoración da mesma exhibíndoa nun dos lugares maior prestixio do noso país: o Parlamento. |