 Observaciones |
|
|
O 46 Festival Internacional de Cine e Banda Deseñada de Vilagarcía de Arousa inclúe este ano cinco exposicións:
RETAZOS DA TERRA MEDIA (Sala Rivas Briones), Unha espectacular exposición de obxectos e armas vistas nas triloxías de “O Hobbit” ou “O señor dos aneis”, ademáis de varias figuras a tamaño real. A exposición completase cunha selección de ilustracións dos principais artistas que aportaron a súa visión ao universo creado por J.R.R. Tolkien, entre os que se atopan John Howe, Alan Lee, los hermanos Hildebrandt, Donato Giancola, Mike Kaluta, David Wenzel ou Ted Nasmith.
A ARTE FANTÁSTICA DE CIRUELO CABRAL (Sala Rivas Briones),, na que poderá verse unha selección da obra deste ilustrador arxentino afincado en Cataluña.
XIII A ARTE DE NEKRO (Sala Rivas Briones),, unha exposición sobre este ilustrador galego que conquistou ao mundo co seu estilo gótico futurista.
MESTRES DA FANTASÍA (Antesala do Salón García), unha exposición de carácter didáctico, composta por paneis que repasan os principais autores da literatura fantástica. Así o público poderá coñecer a Robert E. Howard, Fritz Leiber, J.R.R. Tolkien, C.S. Lewis, Michael Moorcock, Ursula K. Le Guin, Marion Zimmer Bradley, Terry Pratchet, Louise Cooper, Stephen R. Lawhead, Andrzej Sapkowski, George R.R. Martin ou J.K. Rowling.
HOMENAXE A XOGO DE TRONOS (primeiro andar da Sala Rivas Briones). Exposición de obxectos da mítica serie de televisión.
|