|
XOEL LÓPEZ é un dos artistas máis representativos e influíntes da nova canción española. Aínda que sempre se moveu entre os sons do pop-rock alternativo e o folk clásico, defínese como un artista libre. Xoel López douse a coñecer e triunfou con “Deluxe”, formación coa que tivo unha fructifera carreira entre os anos 2001 e 2009 , con éxitos tan soados e cantados como “Que no”. Ese último ano inicia un proxecto en solitario e da o salto ao Continente Americano. Froito de esa experiencia inicia unha nova etapa gravando en 2012 o seu primeiro disco “Atlántico”, polo que foi o vencedor da Gala dos V Premios de la Música Independente celebrada en Madrid. Neste concerto fará un repaso por toda a súa traxectoria musical.