Observaciones |
|
|
O mércores 19 de maio o Salón García acolle a partir das 20.30 horas a proxección da película “Lúa Vermella”, un film do ano 2020 do director galego, Lois Patiño, ambientado en Galicia e que recolle moita da cultura e tradición da nosa terra. A proxección organizada pola Concellería de Cultura coa colaboración do cine club Adega, rematará cunha charla coloquio.
Psinopse O tempo parece todo detido nun pobo de Galicia. Todo o mundo está como paralizado, pero aínda podemos escoitar as súas voces: falan de pantasmas, meigas e monstros. Tres mulleres aparecen e empezan a buscar a Rubio, un mariñeiro que desapareceu recentemente no mar... |