 Observaciones |
|
|
Alejandro de la Sota (Pontevedra 1913-Madrid 1996) é un dos mestres da arquitectura española do século XX. Profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM), a súa estela serviu de referencia a varias xeracións de arquitectos españois.
O prestixio deste arquitecto pontevedrés traspasou fronteiras e tivo a sorte de gozar, xa en vida, de gran recoñecemento a nivel estatal e internacional. Gañador de numerosos premios é o autor de edificios de grande valor arquitectónico, como a central leiteira Clesa (Madrid, 1958-1961), as naves do CENIM na Cidade Universitaria (Madrid, 1963-1965) ou ximnasio do colegio Maravillas (Madrid, 1960-1962), que o crítico británico William Curtis considera a obra máis significativa da arquitectura española contemporánea.
A Academia das Artes Galegas dedica a Alejandro de la Sota o Ano das Artes 2018, e con este motivo o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Fundación Alejandro de la Sota deseñaron esta exposición itinerante coa que divulgar entre a sociedade galega a obra deste gran arquitecto.
|