_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | VILABLUES 19: Adrián Costa Blues Band
Fecha Inicio
  | 20/07/2019
Fecha Fin
  | 20/07/2019
Horario
  | 21:30
Lugar
  | Avda. de la Marina
Precio
  | De balde
Observaciones
 
| Concerto de ADRIÁN COSTA BLUES BAND feat VÍCTOR PUERTAS- Praza da II República

ADRIÁN COSTA BLUES BAND

Cantante e guitarrista nado en Santiago de Compostela, Adrián Costa é un dos representantes máis valorados do blues español. Os seus inicios foron na súa cidade natal aos 13 anos coa banda The Rede Blues Band. En 1999 mudouse a Madrid, xunto co armonicista Marcos Coll, para formar parte da Tonky Blues Band. Uns anos mais tarde, Marcos e Adrián deciden formar un novo grupo co nome de Los Reyes del K.O. Esta formación deu lugar a seis discos e a presenza en numerosos festivais europeos.
Despois dunha longa estancia en Berlín, Adrián decidiu trasladarse a San Francisco onde comezou a traballar coa súa banda Adrián Costa Blues Persuasion e a colaborar con grandes artistas.
O blues, o funk, e o soul son os trazos máis característicos deste músico aínda que non renega de mesturalos cos seus raices latinas. Un guitarrista cunha voz poderosa que non concibe a música sen o baile.
No Vilablues presentarase acompañado polo seu Blues Band con Víctor Puertas ao piano, órgano e harmónica, David Salvador ao baixo e Coque Santos á batería. A formación presentará todas as influencias adquiridas neste últimos tres anos na súa residencia californiana.

VÍCTOR PUERTAS: Asociado a diversos proxectos en torno ao blues e a música afroamericana (Suitcase Brothers; Víctor Puertas & The Mellow Tones; Cool Grinders; Koko-Jean & The Tonics, etc.), Puertas é coñecido como un dos mellores armonicistas da escena de blues en España. Ademais, adquiriu unha crecente proxección internacional tras realizar actuacións en distintos países de Europa e en EE. UU., onde participou xunto ao seu irmán Pere “Santos” Puertas nalgúns dos máis importantes concursos do International Blues Challenge.

A gravación do disco ‘A long way from home’ en Austin, Texas, coa colaboración de Jerry Portnoy e Paul Oscher (ambos os armonicistas da banda de Muddy Waters), supuxo un punto de inflexión na súa traxectoria, que puxo de manifesto a gran apreciación e respecto que Portnoy (en tanto músico veterano lexitimado) ten por el: “Se o mundo fose un lugar verdadeiramente xusto e só os mellores músicos recibisen as maiores recompensas a través do apoio do público e do diñeiro que lle segue, os Suitcase Brothers estarían sumidos na fama e a riqueza”, dixo.
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2019  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -