_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | FOLK NO ALOBRE. Concertos, obradoiro de baile tradicional e visita guiada
Programa
  | SAN ROQUE 22
Fecha Inicio
  | 28/08/2022
Fecha Fin
  | 28/08/2022
Horario
  | 11:00
Precio
  | De balde
Observaciones
 
| Folk no Alobre é unha romaría urbana organizada polo Concello de Vilagarcía de Arousa e dirixida pola asociación Pés de Barro.

PROGRAMA

11:00 Visita guiada polo Castro e Parque Enrique Valdés Bermejo, acompañados por Xurxo Souto, grupo tradicional Os Demos da Petaca e guía.
FarAsE unha ruta dende a Praza da Independencia, pasando polo Pazo de Vista Alegre, dende aquí entrarase ao Castro e rematarase no Parque de Enrique Valdés Bermejo, para coñecer a súa importancia histórica e medioambiental.

13:00 Sesión vermú con Barullo (con Nelson Quinteiro e Álvaro Cardalda)
Espectáculo infantil de clown que aborda a cultura e a música tradicional a través dos seus instrumentos. Nesta aventura Nelson Quinteiro convértese no Señor Patajullo, unha divertida personaxe que chámase así porque fai moito barullo.

14:00 Xantar demorado - Trae a túa comida. O espazo contara con mesas e cadeiras que pon a organización e estará amenizado por grupos tradicionais.

16:00 Obradoiro de Iniciación ao Baile Tradicional con Luis Prego
Este obradoiro terá un carácter principalmente práctico, destinado a que as e os participantes coñezan os pasos básicos do baile tradicional galego. Prestarase atención as cadencias do corpo e aos pulso do baile, que veñen dados polas músicas propias e tamén aos estilos persoais das bailadora e bailadores portadores e transmisores desta sabedoría popular.

18:00 Grupo Tradicional Os Demos da Petaca
Os Demos da Petaca levan máis de vinte anos traballando, recollendo e interpretando música tradicional galega, tentando achegar na súas actuacións o xeito máis tradicional e respectuoso coa nosa cultura.

18:45 Miguel Cadavieco
O coñecido rabelista cántabro recalara en Vilagarcía de Arousa para interpretar os seus “ Romances y cantares al son del rabel”, un concerto onde a música combínase coa improvisación, o humor e a interacción co público.

20:00 Caamaño & Ameixeiras
Dúo ligado á música e ao baile de raíz. Formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) en 2018, este dúo acumula, na súa curta pero intensa traxectoria, un gran número de concertos, tanto dentro da xeografía galega, o seu lugar de orixe, como fóra dela e no ámbito internacional.

21:30 Maghúa
Grupo de mozos afincados na Coruña interesados en recuperar e transmitir unha pequena porción da tradición do País.
Botámonos à auga no nadal do ano 2006 como grupo de cantareiros, unicamente de voz e pandeireta.
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2019  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
           
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -