A Biblioteca Municipal Rosalía de Castro inicia mañá unha nova etapa. Coincidindo coa conmemoración do Día do Libro, o centro retoma a actividade nas flamantes instalacións da rúa Castelao. Nunhas dependencias máis amplas, funcionais, adaptadas ás novas tecnoloxías e aos criterios de sustentabilidade e de eficiencia enerxética, a Biblioteca reabrirá as súas portas para recibir aos usuarios habituais e a todas as persoas que desexen facer uso do centro bibliográfico ou, simplemente, pasar a coñecer a nova infraestrutura cultural en cuxa reforma o Concello de Vilagarcía investiu máis de 2 millóns de euros. |