_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os edificios públicos municipais sinalízanse con pictogramas para favorecer a integración das persoas con autismo

O Concello de Vilagarcía está sinalizando con pictogramas todos os edificios e instalación públicas municipais co obxecto de continuar avanzando na accesibilidade e integración das persoas con discapacidades cognitivas. A iniciativa promovida pola Concellería de Igualdade e Benestar conta coa colaboración altruísta da asociación BATA que se encargou do deseño dos máis de 200 pictogramas realizados que se comezaron a colocar nas dependencias municipais de Ravella e que continuarán nos vindeiros días polo Auditorio, Casa da Cultura, Biblioteca, piscina, pavillóns e demais instalación deportivas do Concello.
15.02.2018.- Concello e BATA levaban traballando neste plan de sinalización pictográfica varios meses. Para deseñar os pictogramas BATA seguiu o modelo facilitado pola asociación aragonesa Arasaac, aínda que a coordinadora do grupo de traballo de entorno accesíbel de BATA, Mónica Santos, explicou que moitos dos servizos que se sinalizan en Vilagarcía son moi específicos e non existía modelo, polo que o tiveron que deseñar eles mesmos facendo distintas probas que testaron cos usuarios do centro. De feito, sinalízanse tanto aspectos como as escaleiras, o ascensor ou os aseos, pero tamén outros como a ventanilla de Recadación, mostrador de Información, Rexistro, despachos dos concelleiros, Alcaldía, Policía, traballador social…

O obxectivo deste plan de sinalización é que calquera persoa independentemente da súa diversidade funcional poida desenvolverse nas dependencias municipais de forma autónoma, segundo indicou a concelleira Tania García. Para garantir a eficiencia dos carteis, un usuario de BATA acompaña e audita a colocación dos mesmos, indicando o lugar idóneo para a súa visibilización. Os carteis foron impresos polo Departamento de Comunicación e a colocación faina persoal da concellería de Obras, seguindo as indicacións de BATA.

Mónica Santos comentou que cando se fala de accesibilidade soe pensarse unicamente na eliminación de barreiras físicas (con ramplas, ascensores…), pero a problemática das persoas con autismo é cognitiva non física polo que é necesaria a adaptación á estas necesidades. A coordinadora do grupo de traballo explicou que a sinalización é esencial para que estas persoas poidan integrarse na sociedade e desenvolver o seu proxecto persoal de vida, e neste aspecto destacou a necesidade de que se sinalicen os lugares de ocio e de práctica deportiva, xa que se trata de actividades esencias para acadar esta integración e socialización.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -