CONCELLO
O Concello lembra está aberta a convocatoria de axudas para a rehabilitación e reforma de vivendas nas ARIs O Concello de Vilagarcía lembra que está aberto o prazo para solicitar as axudas á rehabilitación e reforma de edificios e vivendas situadas nas ARIs de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. O Concello dispón este ano 2018 dun orzamento de 357.203 euros para subvencionar proxectos de rehabilitación de inmobles o de mellora das condicións de habitabilidade das vivendas. Os interesados poden tramitar as solicitudes e informarse sobre o programa na Oficina Municipal de Rehabilitación con sede en Fexdega. O prazo remata o 16 de marzo.
20.02.2018.- As subvencións que para rehabilitar edificios nos cascos vellos fináncianse a través do convenio asinado entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o Concello de Vilagarcía. Os 357.203 euros dispoñibles este ano repartiranse a partes iguais entre as tres ARIs, polo que cada unha delas contará con 119.067 euros para repartir en subvencións. As axudas irán destinadas a calquera tipo de obra de rehabilitación, reforma e acondicionamento dun piso, edificio ou casa unifamiliar. Segundo o convenio, a previsión é financiar un total de 18 proxectos, seis para cada casco.
Con esta liña de axudas a través das ARIs contribúese a recuperar e conservar o patrimonio arquitectónico dos núcleos históricos do municipio, a mellorar as condicións de vida dos seus habitantes e a favorecer a dinamización destas zonas.