_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A Biblioteca Municipal honra a Rosalía de Castro cun recital poético, unha exposición e unha conferencia

A Biblioteca Pública Municipal de Vilagarcía conmemorará un ano máis o día de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro, cun programa de actos que inclúe unha exposición bibliográfica sobre a vida e obra da autora de "Cantares Galegos", un encontro didáctico da vicepresidenta da Fundación Rosalía de Castro con alumnos de 3º da ESO e cunha lectura pública de poemas.
21.02.2018.- A exposición inaugurarase o venres 23 de febreiro e poderá visitarse durante un mes. Trátase dunha mostra bibliográfica no que se recollen as obras de Rosalía e os estudios críticos e biográficos da súa obra existentes nos fondos da Biblioteca. Completan a exposición dous paneis que fan un percorrido pola vida e obra da escritora.

No vestíbulo da Casa de Cultura da rúa Rey Daviña instalaranse os paneis informativos, sobre a vida e obra de Rosalía e expositores coas reproducións das cubertas dalgunhas das obras do fondo bibliográfico. E no primeiro andar da Biblioteca emprazarase a mostra bibliográfica dos fondos da biblioteca.

A Biblioteca Municipal conta nos seus fondos con máis de cen títulos que aparecen no tríptico informativo, no que se recollen as obras de Rosalía, así como os estudios críticos e biográficos que a biblioteca ten sobre ela.

A vicepresidenta da Fundación Rosalía de Castro, Ana Castro, asistirá á inauguración da mostra o xoves ás 11 da mañá, a continuación do cal manterá un encontro cun grupo de estudantes de terceiro curso da ESO, aos que acercará a figura e obra de Rosalía. O grupo de alumnos participarán no acto recitando poemas de Rosalía.

Ao remate da inauguración, repartiranse entre os asistentes marca páxinas conmemorativos e o tríptico no que se recollen os fondos da biblioteca sobre a ilustre escritora.

E o sábado 24 de febreiro, o día no que se conmemora o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a Biblioteca organiza un recital poético aberto á participación da cidadanía. O acto desenvolverase no vestíbulo da Casa de Cultura de 11.30 a 13.30 horas. O Concello fai un chamamento aos veciños para que se animen a participan lendo versos de Rosalía ou dedicados á autora de Follas Novas.

Ademais, ese mesmo día, a Biblioteca agasallará con marca páxinas aos usuarios que leven libros de préstamo.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -