_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Últimos días para presentar traballos ao concurso fotográfico da Camelia

O Concello de Vilagarcía lembra de que o domingo, 25 de febreiro remata o prazo de inscrición e presentación de traballos ao Concurso Fotográfico da Camelia convocado dentro das actividades programadas con motivo da LIV Exposición Internacional da Camelia, que este ano se celebrará na Praza da Peixería os días 10 e 11 de marzo. No marco deste evento, tamén se convocou un Concurso de Escaparatismo relacionado coa flor da Rías Baixas. Neste caso o prazo de inscrición remata o 8 de marzo. As bases e formularios de inscrición de ámbolos dous certames están dispoñibles no taboleiro de anuncios desta web.
22.02.2018.- O Concello de Vilagarcía acolle este ano a Exposición Internacional da Camelia, un evento de carácter rotatorio entre a nosa cidade e as de Pontevedra e Vigo, correspondendo nestas últimas a súa organización á Deputación Provincial e ao Concello olívico. Ademais da exposición floral propiamente dita, que será a que terá lugar os días 10 e 11 de marzo, o programa inclúe os concursos fotográfico e de escaparates, entre outras actividades complementarias.

Os concursos teñen como obxectivo exaltar a camelia como flor característica das Rías Baixas. No caso do certame fotográfico establécese un primeiro premio de 300 euros e dous accésits de 100. Pola súa banda, no de escaparatismo concederanse premios de 500, 300 e 200 euros. En todos os casos os galardoados recibirán, ademais, unha invitación dobre para visitar o pazo de Rubiáns.

No concurso de fotografía, os participantes poderán presentar ata tres instantáneas, en formato dixital e tamaño mínimo de 20x30 centímetros a 300 puntos de resolución. Un xurado profesional elixirá as 20 mellores fotografías que se reproducirán en gran formato para expoñerse ao aire libre fronte á praza de Peixería entre os días 7 e 11 de marzo.

Pola súa banda, os participantes no concurso de escaparates deberán ornamentalos con motivos alusivos á camelia, sen ningunha limitación estética, agás a inclusión obrigatoria dalgunha flor natural de camelia en calquera das súas variedades.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -