_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Patrimonio aproba a renovación das varandas de malla da ponte de Vista Alegre

A Comisión Provincial de Patrimonio da Xunta de Galicia aprobou o proxecto de renovación da varandas da ponte de Vista Alegre presentado polo Concello de Vilagarcía co obxectivo de continuar coa mellora da imaxe e posta en valor co entorno da zona monumental. A autorización de Patrimonio é un trámite obrigatorio, precisamente por tratarse dunha actuación nun emprazamento histórico artístico protexido. A renovación das varandas, que manterán a característica tipoloxía de rede de malla, financiarase cos fondos provinciais do Plan Concellos 2018/19 e ten un orzamento de 14.000 euros.
22.02.2018.- A actuación deseñada polo arquitecto da Oficina Técnica de Rehabilitación baséase en restaurar os elementos en mellor estado e substituír outros e abrangue tanto as varadas da ponte de Vista Alegre como a da baixada cara a antiga pasarela peonil. Os recuperables son os que forman a estrutura existente de fundición (pés, pasamáns e barra inferior). Pola contra, a actual rede de malla terá que substituírse xa que se atopa en moi mal estado debido ao paso do tempo, con zonas abombadas e outras rotas e que, tras varios arranxos ao longo dos anos, presenta ata tres tipos diferentes de material. A idea á manter a tipoloxía de celosía pero utilizando aceiro cortén, material máis resistente e que irá acorde co resto das varandas a instalar na Xunqueira a través doutra actuación que está a piques de adxudicarse.

Complemento da obra da Xunqueira
A renovación das varandas da ponte de Vista Alegre é unha actuación que complementa o proxecto similar a levar a cabo no parque da Xunqueira e que está máis avanzado, posto que en cuestión de días pecharase o procedemento de contratación coa adxudicación da obra.

A través desta primeira actuación, presupostada en 99.999 euros, substituiranse as varandas do río do Con no tramo do Parque da Xunqueira ata Doutor Tourón e tamén as do estanque. Este proxecto tamén financia con cargo aos fondos provincial, neste caso do POS 2017.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -