_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía demanda a Renfe a redución do prezo dos billetes do eixo A Coruña-Vigo

O Concello de Vilagarcía solicitará oficialmente a Renfe e ás administracións competentes a redución do prezos dos billetes de tren na liña do eixo A Coruña-Vigo, no medio da cal se atopa Vilagarcía. A iniciativa parte da moción presentada polo grupo municipal do PSdeG que onte foi aprobada no Pleno por unanimidade do todos os grupos da Corporación Municipal.
23.02.2018.- A proposta socialista baséase na “discriminación” que para Vilagarcía e os municipios do eixo A Coruña-Vigo supón que Renfe cualifique como de Media Distancia os traxectos da mesma, cando en outras comunidades, como Madrid ou Cataluña, distancias similares en quilómetros ou incluso superiores se consideran traxectos de “Cercanías” polo que os prezos dos billetes son inferiores aos que pagamos aquí.

Para acabar con esta discriminación e co obxecto de favorecer o uso do transporte colectivo, neste caso ferroviario, O Concello de Vilagarcía, en base ao acordo plenario adoptado onte por unanimidade, instará a Renfe e ao Ministerio de Fomento a que modifique a categoría do eixo atlántico ferroviario de Media Distancia a Cercanías mantendo, e mesmo implementando, os actuais servizos, e abaratando o custe das tarifas.

Segundo o acordo do Pleno, tamén se instará á Xunta de Galicia a implicarse na defensa desta demanda.

Cómpre sinalar que a estación de ferrocarril de Vilagarcía é unha da que rexistra maior tráfico de viaxeiros de Galicia posto que da servizo a toda a bisbarra, cunha poboación potencial de 100.000 habitantes que se duplica en verán. Hai que ter en conta especialmente que a liña A Coruña-Vigo, no medio da cal se sitúa Vilagarcía, é utilizada maiormente por estudantes e universitarios que se desprazan dende Vilagarcía e o Salnés aos centros educativos e as universidades de Santiago, Pontevedra, Vigo e A Coruña.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -