OBRAS E SERVIZOS
A empresa Sestrama construirá a nova liña de nichos no cemiterio municipal de Rubiáns A Xunta de Goberno Local acordou na reunión de onte adxudicar á empresa Sestrama 09 a obra de construción da nova liña de nichos no cemiterio municipal de Rubiáns. A actuación adxudicouse por importe de 35.816 euros, a oferta máis ventaxosa das 9 que concorreron ao concurso. A obra ten un prazo de execución de 2 meses.
27.02.2018.- O goberno local decidiu levar a cabo esta actuación co obxecto de ampliar a oferta e garantir a dispoñibilidade de prazas de enterramento no camposanto municipal. O proxecto redactado polo Arquitecto Municipal prevé a construción dun novo bloque de nichos que se comporá de 20 módulos verticais, cada un dos cales disporá de 4 nichos. Esta nova liña de nichos emprazarase no fondo oeste do camposanto, pegado ao muro perimetral.
Os traballos comezarán tan pronto como se teña notificado o acordo da adxudicación e cumprimentada a documentación para a firma dos contratos.