_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
As obras de mellora da accesibilidade na avenida Doutor Tourón arrancan este xoves

O xoves comezarán as obras de mellora da accesibilidade programadas polo Concello de Vilagarcía para o tramo da avenida Doutor Tourón que vai dende o inicio da ponte sobre o río do on ata a Glorieta da Mariña española. Esta mañá a empresa adxudicataria da obra, Marconsa, iniciou os traballos previos de marcado da zona. A actuación, na que se investirán 31.476 euros de fondos propios do Concello, suporá importantes melloras nunha zona moi transitada a diario e que na actualidade presenta graves deficiencias que impiden a mobilidade, como beirarrúas moi estreitas e baixadas complicadas.
27.02.2018.- Esta nova obra de mellora da accesibilidade en espazos públicos é resultado da colaboración entre a Área de Mobilidade e a Concellería de Obras. O proxecto prevé o ensanche das beirarrúas a ambos lados da vía, a eliminación de barreiras arquitectónicas e a mellora da iluminación nos pasos de peóns.

Segundo o proxecto redactado polo Arquitecto Técnico do Concello, coas obras as beirarrúas gañarán ancho a ambos lados da vía. A medida será posible eliminando o carril intermedio habilitado nesta zona entre os dous sentidos da circulación. Ademais, en previsión da futura habilitación dunha ciclovía por esa rúa, xa se reserva o espazo necesario na área de circulación rodada para crear o carril bici sen necesidade de volver a tocar as beirarrúas.
.
O pavimento a utilizar para as beirarrúas será unha mestura de formigón con cemento branco que proporciona a uniformidade necesaria para facilitar o tránsito cómodo de persoas, carros ou cadeiras de rodas. Ademais, con efectos estéticos e tamén para proporcionar maior adherencia, o formigón tratarase e daráselle un acabado rallado mediante o uso dun cepillo metálico.

Os pasos de peóns nos cruces existentes na zona de actuación elevaranse ata quedar a nivel das beirarrúas para garantir a accesibilidade e dotaranse da correspondente iluminación para mellorar a seguridade viaria.

Aproveitando as obras, instalaranse novos sumidoiros para a recollida de augas pluviais e elevaranse as tapas das arquetas e pozos de rexistro á nova rasante. Por último, renovarase toda a sinalización horizontal e vertical do vial.

A actuación neste tramo da avenida Doutor Tourón é unha necesidade que se pon de manifesto a diario ao tratarse dunha vía altamente frecuentada por peóns, especialmente ás horas de entrada e saída dos colexios e da Escola Infantil da Lomba. As beirarrúas nesta zona son moi estreitas e vense restrinxidas aínda máis polas baixantes das ramplas dos pasos de peóns, situación dificulta o tránsito a pé e aínda máis o paso con carros de bebé ou cadeiras de rodas que teñen que inclinarse para pasar por eses puntos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -