_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O Concello solicita catro bolseiros a través do plan de práctica laboral da Deputación 2018

O Concello de Vilagarcía segue sumándose a todas as iniciativas existentes para fomentar a creación de emprego. Neste caso, a Xunta de Goberno Local acordou adherirse ao Plan de Práctica Laboral da Deputación 2018 e solicitar a concesión catro bolseiros titulados para prestar servizos na administración local á vez que adquiren experiencia profesional para mellorar as súas condicións de empregabilidade. A solicitude debe ser aprobada polo organismo provincial.
28.02.2018.- As titulacións que demanda o Concello para estes catro bolseiros son Diplomaturas ou Graos en Maxisterio e Traballo Social, Licenciatura ou Grao en INEF e Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede. Os bolseiros desempeñarían as súas prácticas nos departamentos de Educación, Servizos Sociais, Deportes e Emprego respectivamente.

Segundo a convocatoria do plan provincial, os bolseiros traballarán no Concello cun contrato de prácticas durante 6 meses, prorrogables outros seis, cobrando axudas de entre 700 en 800 euros ao mes, dependendo da titulación.

Este programa deseñado pola Deputación está destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes co obxecto de que persoas tituladas universitarias e de Formación Profesional, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa formación, poidan completar esa formación académica en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ao mercado de traballo. Ademais, estas contratacións permitirán aos municipios dispor de persoal adicional durante uns meses para axudar nos servizos ou departamentos onde máis se precise.

A selección dos bolseiros faina directamente a Deputación e de forma conxunta para todos os municipios da provincia que se adhiran ao plan.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -