_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os centros culturais de Trabanca Badiña, Bamio e Rubiáns tamén disporán de calefacción de biomasa

O Concello de Vilagarcía ten previsto desenvolver este ano unha nova fase do Plan municipal de aforro e eficiencia enerxética que afectará a tres centros socio culturais do municipio. A intención do goberno local é instalar caldeiras de biomasa nos centros socioculturais de Trabanca Badiña, Bamio e Rubiáns. A actuación precisa dun investimento total de 70.356 euros para cuxo financiamento a Xunta Local de Goberno acordou concorrer as axudas que concede o Instituto Enerxético de Galicia para actuacións de aforro e eficiencia enerxética en instalación municipais.
01.03.2018.- As actuacións previstas nos tres centros socioculturais consisten en substituír o sistema de radiadores eléctricos que se está a usar ata o momento por unha instalación completa de calefacción a base da combustión de pellets. Para isto instalaranse a caldeira de biomasa, os calefactores e o resto dos equipos precisos. Segundo os estudos de necesidades levados a cabo previamente, para garantir os niveis de confort de temperatura en función do tamaño dos centros, adquiriranse caldeiras de 64 kw de potencia para os centros de Rubiáns e Trabanca Badiña e unha de 32 para o de Bamio.

Coa instalación de caldeiras de biomasa, o Concello aforrará unha importante suma económica en concepto de consumo de enerxía eléctrica, máis cara que o pellets. Esta non será a primeira actuación deste tipo que levará a cabo o Concello nos centros socioculturais do municipio, xa que o ano pasado instaláronse estufas de biomasa nos de Fontecarmoa, Galáns e Faxilde. Aínda que tamén eran caldeiras de biomasa, o sistema de propagación da calor nese caso é por aire, mentres que nas tres que van instalar este exercicio, a calor distribuirase pola instalación a través de calefactores.

Tamén a Escola Municipal de Música e a Biblioteca de Vilagarcía contan dende hai algo máis de dous anos con caldeiras de pellets, medida que permitiu prescindir do uso de gasóleo, tamén máis caro que o pellets.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -