_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello proxecta a mellora do firme dos accesos ao polígono industrial de Trabanca Badiña

No marco das obras de mellora e mantemento da rede viaria municipal, o Concello ten previsto actuar nos accesos ao polígono industrial de Trabanca Badiña. Por encargo da Concellería de Obras redactouse un proxecto de mellora da capa de rodadura dos viais de acceso nun interior do parque que,a demais, ampliarase. A actuación está presupostada en 85.692 euros e o Concello confía en contar para o seu financiamento cunha axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
01.03.2018.- O proxecto redactado polo Enxeñeiro Técnico Municipal prevé actuar no vial que vai dende a rotonda das Mans (Larsa) ata a rotonda de acceso ao polígono de Trabanca Badiña. Xa dentro no parque empresarial tamén se actuará non primeiro tramo do vial principal e ampliarase a rede interna co asfaltado do vial interior que comunica co outro acceso ao polígono.

A necesidade d elevar a cabo esta obra ven dada polo desgaste da actual capa de rodadura destas vías que contan con numerosas fendas e fochas que dificultan o tránsito e o acceso ao polígono. Ademais, hai que ter en conta que a situación se agrava moi rápido debido ao intenso tráfico pesado que soporta esta estrada e que se dirixe ás empresas instaladas na zona.

A actuación incidirá na mellora da seguridade viaria e beneficiará aos habitantes de Trabanca que usan esta vía como aos usuarios do parque empresarial.

A Xunta Local de Goberno xa aprobou solicitar á subvención autonómica ao abeiro das axudas convocadas pola Consellería para a “Habilitación e mellora das infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia” e que contempla financiar ata un máximo do 80% do custe do proxecto. O Concello achegaría a parte restante.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -