_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
Noventa xóvenes músicos dos cinco continentes desexan participar no Clasclás de Vilagarcía

A convocatoria do I Festival Internacional de Música Clasclás de Vilagarcía está tendo unha impresionante acollida. Noventa xóvenes músicos procedentes de países dos cinco continentes inscribíronse para participar no Young Artist Program (YAP) incluído no programa do festival organizado polo Concello de Vilagarcía a través do Conservatorio Profesional de Música, que se desenvolverá do 29 de xuño ao 7 de xullo en Vilagarcía baixo a dirección do famoso violinista israelí Guy Braunstein.
03.03.2018.- A través do Festival Internacional de Música Clasclás, Vilagarcía acollerá durante esa semana unha intensa actividade concertística, educativa e social a desenvolver en diferentes emprazamentos da cidade. A faceta docente enmárcase no YAP, onde os músicos participantes ampliarán a súa formación coas sesións que impartirán nove mentores de primeira liña internacional coordinados e dirixidos por Braunstein.

O nivel e prestixio destes mentores é sen dúbida unha das causas do elevado número de solicitudes de inscrición recibidas para o YAP, que superou as expectativas máis optimistas dos organizadores para esta primeira edición, triplicando o número de prazas ofertadas. Debido a esta circunstancia, a organización deberá realizar un coidadoso proceso de selección que coordinará a dirección artística do festival en estreita colaboración co equipo de mentores.

Dende a organización do festival valórase esta acollida moi positivamente, en especial polo altísimo nivel dos xóvenes artistas inscritos dende o pasado mes de decembro, como se pode comprobar nos vídeos remitidos por moitos deles de gravacións dos seus concertos como solistas con orquestras de renome. Outros contan no seu currículo con premios en concursos internacionais, colaboran con orquestras da talla da Filarmónica de Berlín, Mahler Chamber Orquesta, Radi de Finlandia, Concertgebow de Amsterdam, etc...

Entre os candidatos inscritos hai xóvenes músicos de Estados Unidos, Israel, Ucrania, Reino Unido, Rumanía, Holanda, Polonia, Xapón, Bielorrusia, Grecia, Finlandia, Rusia, China, Venezuela, Georgia, Portugal, Austria e, por suposto España, entre os que figuran varios galegos.

Importancia das bolsas patrocinadas por Concello e empresas

Outro dos factores que contribuíu de xeito decisiva a esta notoria resposta en número e calidade, foi interesante oferta de bolsas que o YAP pon a disposición dos participante, grazas ao mecenazgo do Concello de Vilagarcía en colaboración coa Sociedade Filarmónica e numerosas empresas locais e nacionais.

Tamén é de salientar a forte campaña internacional de difusión do festival realizada dende o Conservatorio Profesional de Música do Concello de Vilagarcía, tanto a través de publicidade física, como remitindo información da convocatoria a máis de 150 centros de alto nivel de todo o mundo e mesmo a través de Redes Sociais e maling.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -