_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Adxudicada a obra de ampilación do saneamento no lugar da Granxa-Guillán

A Xunta Local de Goberno acordou na reunión de onte adxudicar á empresa Nexia Infraestructuras a obra de ampliación da rede de saneamento no lugar de A Granxa-Guillán. A actuación contratouse por importe de 25.232 euros que o Concello financiará con fondos propios dentro do Plan de Mellora do Saneamento Municipal. Os traballos permitirán dotar de servizo a varias vivendas ás que ata o de agora non chegaba a rede, e aproveitaranse para mellorar a recollida de pluviais.
06.03.2018.- Os traballos previstos consistirán na instalación dun tramo de nova canalización que discorrerá en parte por viais municipais e en parte por terreos privados. Para facer posible a obra foi precisa a coloaboración dos propietarios dos terreos afectados que, tras as xestións realizadas polo concelleiro de Relacións Veciñais, Lino Mouriño, autorizaron o paso de parte da infraestrutura e firmaron a cesión do uso dos terreos.

O novo tramo de saneamento dará servizo a unha zona á que aínda non chegaba a rede municipal. Ademais de colocar o colector de PVC, que irá conectado co colector existente, construiranse os necesarios pozos de rexistro e realizaranse as conexións de acometidas domiciliarias. Os traballos aproveitaranse tamén para instalar unha canle de drenaxe coa que reforzar a recollida de augas pluviais. Posteriormente, procederase á reposición total do firme da praza da Granxa mediante pavimento de formigón.

Os traballos teñen un prazo de execución de 1 mes.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -