_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O quinteto galego Hércules Brass actúa o sábado dentro da tempada da Sociedade Filarmónica

A música clásica regresa esta fin de semana ao Auditorio co concerto que ofrecerá o quinteto de metais Hércules Brass. A formación composta por músicos galegos actuará o sábado, 17 de marzo, a partir das 21:00 horas no Auditorio no marco dos concertos programados pola Sociedade Filarmónica de Vilagarcía para a tempada 2017/18. A entrada custa 18 euros para o público en xeral e será de balde para os socios da Filarmónica. Os billetes pódense adquirir o día do concerto no Auditorio a partir das 19:00 horas.
13.03.2018.- Para a ocasión, o quinteto de metais interpretará obras de Bach, Pirchener e Piqueras que intercalarán con composición orixinais e mesmo con adaptacións de clásicos como o “Vals de Musseta” de La Boheme, de Puccini.

O quinteto

Hércules Brass Quinteto de metais nace na Coruña no ano 2012 e está formado por novos músicos profesionais de vento metal cunha longa experiencia tocando xuntos, principalmente na Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia e na Joven Orquesta Nacional de España. Son Alejandro Vázquez (trompeta) Víctor Vilariño (trompeta), Javier González (tromba), Esteban Méndez (trombón) e Rodrigo Rodríguez (tuba).
Xa nos seus comezos Hércules Brass foi finalista no 8th International Jan Koetsier Competition for Brass Quintet celebrado en Alemaña, semifinalista no 8th International Chamber Music Competition en Francia e obtivo o primeiro premio do IV Concurso de Vent-Metall Valeriano Machi i Esparza en Benimodo.
Afondaron na música de cámara no Curso de Especialización de Música de cámara na EAEM (Escola de Altos Estudos Musicais) de Santiago de Compostela.
O seu interese por ampliar e dar a coñecer o repertorio para quinteto de metais é patente na súa labor didáctica co proxecto OS SUPERHÉRCULES; no feito de que compositores galegos como Xoan Antón Vázquez, Fernando Arias e Juan Durán, lle dedicaron obras, e tamén na súa participación no proxecto No Bico un Cantar, organizado polo Consello da Cultura Galega, interpretando arranxos xunto con 400 nenos.
O novo ensemble actuou en Galicia, Asturias, Zamora, País Vasco, Comunidade Valenciana, Cataluña e Madrid. En Decembro de 2012 foron invitados pola JONDE para participar como profesores na Orquestra Manuel María Gutiérrez, así como nunha serie de concertos en Costa Rica.
Ademais, participaron en festivais como o IX Curso Internacional Semana Musical de Salceda de Caselas, Festival Spanish Brass Alzira 2013, Festival Ticino Musica 2013 en Suiza, este último como quinteto residente.
Na súa curta traxectoria xa actuaron como solistas coa Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, a Banda Unión Musical de Meaño, a Banda Municipal de A Coruña e a Orquestra Sinfónica de Galicia.
Recentemente, foron protagonistas dunha das emisións de “Música Joven” en Radio Clásica de RTVE e recibiron o primeiro premio no “eMuse” Online Music Competition 2014
Dende agosto de 2014 organizan o Festival Hércules Brass Celanova, na localidade ourensá.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -