SANIDADE
O Sergas presenta mediante vídeo conferencia a plataforma É-Saúde para a comunicación cos cidadáns O Servizo Galego de Saúde presenta o vindeiro luns en Vilagarcía a nova plataforma E-Saúde que pon en marcha co obxectivo de achegarse e facilitar a comunicación cos cidadáns a través das novas tecnoloxías da comunicación. O acto farase a través dunha vídeo conferencia na aula CEMIT do Centro Municipal de Formación de Matosinhos. Os interesados en asistir deberán inscribirse previamente, acudindo directamente ao centro da rúa Matosinhos ou a través da web da CEMIT. A presentacións será o luns, 19 de marzo, de 11.30 a 13:30 horas.
13.03.2018.- A plataforma E-Saúde é unha aplicación informática que constitúa a ferramenta que utilizará o Sergas para a comunicación co cidadá. Ofrece a avantaxa de que será accesíbel dende calquera lugar e a través de calquera tipo de dispositivo, polo que permite o acceso directo e instantáneo a servizos e contidos de saúde personalizados. A través de esaude.sergas.es os usuarios poderán xestionar as citas co médico, acceder a súa historia clínica ou consultar a súa medicación dende calquera dispositivo.