_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SEGURIDADE CIDADÁ
O alcalde pide aclaracións á subdelegación do Goberno sobre a taxa de criminalidade e demanda máis Policía

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela desprázase mañá a Pontevedra para pedir explicacións á subdelegada do Goberno, Ana Ortiz, polas cifras da última taxa de criminalidade da cidade publicada polo Ministerio do Interior e que pon a Vilagarcía coas cifras máis elevadas de toda Galicia. O rexedor socialista pretende que se lle aclaren estes datos tendo en conta que contradín as mensaxes que os diferentes subdelegados do Goberno viñan trasladado de forma reiterada ao Concello e publicamente dende hai anos. O alcalde acudirá ao encontro coa Subdelegada xunto coa Xefa da Policía de Vilagarcía.
13.03.2018.- Independentemente das explicacións que se dean desde o organismo e que se supoñen irán na liña das adiantadas en diversos medios polo propio Delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, matizando as cifras e chamando á tranquilidade, o alcalde, como xa o fixera a finais de 2015 ante o anterior subdelegado, Antonio Coello, volverá a demandar máis axentes para a Comisaría do Corpo Nacional de Policía en Vilagarcía que, dende hai anos, adoece dos efectivos necesarios para unha cidade cunha poboación de case 38.000 habitantes e que se multiplica en verán.

Varela insistirá en que o esforzo que está a facer o Concello en ampliar a plantilla da Policía Local (coa creación de 3 novas prazas o ano pasado máis outras 3 previstas este ano) debe acompañarse con medidas similares por parte do Ministerio do Interior tal como demanda a poboación e o propio persoal e sindicatos da Policía.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -