_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Cultura invita aos vilagarciáns ao concerto especial de Semana Santa que ofrecerá o Orfeón Terra A Nosa

A Concellería de Cultura en colaboración co Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía organiza un concerto extraordinario de Semana Santa o xoves 22 de marzo no Auditorio. Para esta ocasión, contarase co Orfeón Terra A Nosa de Santiago que ofrecerá un completo repertorio de música sacra. O departamento que dirixe Sonia Outón invita aos vilagarciáns a asistir ao concerto que terá entrada libre e de balde ata completar aforo. A actuación comezará ás 20:30 horas.
15.03.2018.- Este evento enmárcase nos concertos de carácter extraordinario que a Concellería de Cultura programa anualmente con obxecto de traer á cidade á formacións musicais de renome que contribúan a difundir a música clásica. O pasado ano foi a Sinfónica de Galicia e este ano o Orfeón Terra A Nosa. A concellería corre con todos os gastos deste tipo de concertos, que se ofrecen de xeito gratuíto á cidadanía co obxecto de universalizar o acceso e o gusto pola música clásica.

O afamado coro compostelán interpretará unha excelente selección de Música Sacra que abarca un amplo período histórico, con composicións de sublime beleza escritas por autores como Monteverdi, Rossini, Mozart, J. Brahms e Gabriel Fauré.

Intervirán como solistas as sopranos Aida López e Dolores Crespo e o barítono Pablo Nieves. Acompañaraos ao piano, Nicasio Gradaille e ao órgano, Alba Diaz. A dirección musical correrá da man de Miro Moreira.

El coro compostelán celebrou o ano pasado o seu cincuenta aniversario. Con motivo desta conmemoración o Orfeón Terra A Nosa ofreceu un concerto extraordinario xunto coa Real Filarmonía de Galicia. Nesta ocasión tan especial interpretaron o Requiem de G. Fauré, a Novena Sinfonía de Beethoven e protagonizaron a estrea absoluta da obra “ Tempos Velados”, de Abe Rábade, con gran éxito de crítica e público.


Na actualidade, o Orfeón Terra a Nosa conforma nas súas distintas facetas -coro sinfónico, coro de Cámara e solistas- unha reputada institución musical orientada á consolidación de actividades relativas aos ámbitos coral e vocal, dedicando especial atención á interpretación e recuperación do Patrimonio Musical de Galicia.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -