_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Saíñas gaña en seguridade e imaxe tras a demolición da estrutura dun edificio inacabado

A deteriorada estrutura dun edificio inconcluso que durante anos ensombreceu a imaxe da Rúa Almirante Fontán, na vilaxoanesa zona de Saíñas, xa non existe. Os traballos de demolición iniciados a semana pasada polo Concello xa remataron e os terreos quedarán totalmente libres de escombros nos vindeiros días. O Concello promoveu esta actuación co obxecto de recuperar a parcela municipal para o goce dos veciños e rexenerar a zona.
17.03.2018.- A estrutura de formigón levantada hai anos e que nunca chegou a acabarse era un claro exemplo de feísmo urbanístico que degradaba considerablemente a imaxe desta rúa de Vilaxoán. Pero ademais, debido ao seu mal estado, á presenza de ferros ao descuberto e de buracos nas placas, representaba un perigo para os nenos e nenas que xogan na zona.

Os traballos de demolición financiáronse a través do Plan Concellos da Deputación do ano 2017 cun orzamento de 39.000 euros. Unha vez rematados e cos terreos xa despexados, o goberno estudará o tratamento final que se dará á zona para que lle dea o mellor uso posible aos veciños do barrio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -