_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O alcalde participará no encontro da directiva de AMUPARNA coa Secretaria de Estado de Turismo

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, desprazarase mañá a Madrid para participar na reunión da Xunta Directiva da Asociación de Municipios con parques Nacionais (AMUPARNA) e no posterior encontro que a entidade manterá coa secretaria de Estado de Turismo a efectos de demandar do Estado financiamento para actuacións nos territorios naturais protexidos. O rexedor aproveitará a estancia en Madrid para adiantar as xestións para a cesión de material para o Museo do Ferrocarril da cidade.
20.03.2018.- A axenda de Varela Paz comeza mañá pola mañá coa asemblea da Xunta directiva de AMUPARNA, da que é membro por contar Vilagarcía coa illa de Cortegada, territorio integrado no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Trátase dunha reunión preparatoria para que a executiva de AMUPARNA manterá pola tarde coa secretaria de Estado, polo que nela se recollerán as aportacións e necesidades dos municipios que posteriormente se trasladarán á responsable estatal. A intención da asociación e buscar maior compromiso de financiamento por parte do organismo que dirixe Matilde Asían González nun momento no que o Goberno Estatal aínda está pechando os orzamentos para 2018.

O xoves, o alcalde e o concelleiro de Turismo, Juan Antonio Pérez Callón, acudirán ao Museo Nacional do Ferrocarril en responderá a invitación realizada polo seu director, Carlos Abellán, durante a visita que fixo a Vilagarcía hai unhas semanas. Como xa se avanzara no seu día, o obxecto deste novo encontro é ver os fondos do museo madrileño a efectos de ir concretando o material este podería ceder para ampliar os contidos do centro museístico de Vilagarcía, emprazado na antiga estación de Carril.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -