_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
A Concellería de Cultura convoca una nova edición da tradicional Festa dos Maios

A Concellería de Cultura xa ten todo organizado para celebrar, o próximo 1 de maio, a tradicional festa dos Maios. A Xunta Local de Goberno xa aprobou as bases que rexeran o certame no que se dan cita as composicións florais típicas desta festa de primavera e as copilllas satíricas que as acompañan. Os grupos participantes serán agasallados con rosca e cunha compensación económica cuxa suma dependerá do tipo de maio, do número de compoñentes e de si, ademais da composición floral, aportan cantigas que deberán interpretar o día da celebración. O prazo de inscrición abrirase o vindeiro 2 de abril. As bases pódense consultar no taboleiro de anunciosdesta web.
22.03.2018.- Como é habitual, o certame inclúe as categorías de maio cónico, artístico, cruz de maio, caixas e barcos e poderase participar con ou sen coplillas. Os premios máis elevados correspóndense cos maios máis laboriosos e de maiores dimensións, como son os cónicos e artísticos. En ámbolos dous casos as axudas son de 80 euros para participantes que non acheguen letras. A os grupos que leven coplas daráselles 100 euros se suman un mínimo de 10 integrantes e 200 euros se son grupos de máis de 25 compoñentes.

Para as categorías de maios máis pequenos, como a cruz de maio, caixas e barcos, establécense axudas de 30 e 40 euros para os que participen sen copla e de 50 e 60 euros paras os que si acheguen letra e que deberán contar cun mínimo de 4 membros no grupo.

Poderán participar na Festa persoas a nivel individual ou en grupo, así como colectivos (asociación culturais, veciñais..) e centros educativos. Neste último caso so poderá presentarse un colectivo por colexio, xa sexa ANPA ou dirección. E cada participante só poderá presentar un traballo floral por cada modalidade.

Tradición popular

A Festa dos Maios responde a unha ancestral tradición popular galega para celebrar a chegada da primavera e agradecerlle á natureza os froitos que proporciona. O Concello de Vilagarcía trata de divulgar, promover e conservar esta tradición con fidelidade ás súas orixes, de aí que para manter todos os seus elementos característicos, nas bases do certame inclúense requisitos como que os maios deben realizarse con materiais tradicionais. Do mesmo xeito, tamén se pretende conservar a tradición ligada aos maios de interpretar cantigas de tipo festivo ou satírico. Por iso os grupos que presenten letras deberán interpretalas ante o público durante a celebración da festa.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -