_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
PATRIMONIO
Grupo Santander e Concello chegan a un acordo para a doazón do mural de Rivas Briones que decoraba a oficina de Banesto

O Concello de Vilagarcía incrementará en breve o seu patrimonio histórico-artístico cunha obra dun dos seus autores máis queridos: Antón Rivas Briones. Trátase dun gran mural, de 5,40 x 1,90 metros, titulado “Alegoría de la Pesca, la Industria y la Agricultura”, o mesmo que dende 1972 e ata hai apenas dous anos colgou nas paredes da oficina de Banesto (en orixe, Banco Español de Crédito) na rúa Castelao.
25.03.2018. Cando o Grupo Santander adquiriu aquel banco e en xullo de 2016 pechou a oficina e vendeu o local, o cadro foi trasladado a un almacén de Vigo. Foi a dirección da oficina principal do Santander en Vilagarcía quen ofreceu ao alcalde, Alberto Varela, a posibilidade de que a pintura regrese á cidade a través dunha doazón do grupo bancario ao Concello, que se plasmará nun acto protocolario e a sinatura don convenio.

“Alegoría de la Pesca, la Industria y la Agricultura” presenta en bo estado de conservación. Foi realizado nunha época en que Rivas Briones –fillo adoptivo de Vilagarcía que dá nome á sala principal de exposicións da cidade- estaba en plena explosión creativa. Nos principios dos 70, Rivas, que xa por entón fóra “becado” pola Deputación provincial, obtivo varias medallas de ouro, prata e bronce nas bienais de pintura que organizaba a institución provincial. Por eses anos tamén realizou os murais que se conservan no Liceo-Casino e no Supermercado Eroski (antigo consesionario de SEAT-Tres Hermanos) e protagonizou diversas exposicións nas principais cidades de Galicia, e non só de pintura senón tamén de gravados, pois era un auténtico experto das xilografías. A súa fama incluso chegara a Estados Unidos, malia que Rivas sempre fóra máis ben esquivo aos actos de promoción propia.

O alcalde e o goberno local queren agradecer publicamente o ofrecemento do Grupo Santander, non xa polo que demostra da súa preocupación pola conservación do patrimonio, senón pola circunstancia de que se trata dunha obra que forma parte da cultura local. O goberno local xa está traballando na busca e acondicionamento do lugar que acollerá este mural, o que non é doado, pois se trata de dez metros cadrados de pintura.

Antón Rivas Briones naceu en Madrid de 1918, por pura casualidade, pois o seu pai, un recoñecido canteiro, estaba traballando nesa época na capital. Rivas sempre se considerou vilagarcián e na praza do Castro tiña a súa ebanistería e ou estudo de pintura e xilografía. Herdeiro dunha tradición enmarcada no vangardismo histórico de Maside, Colmeiro, Laxeiro ou Torres, Rivas Briones e a súa obra sitúase na continuidade xeracional da posguerra xunto Isaac Díaz Pardo, Luís Torras ou Manuel Prego. Cando foi obxecto dunha homenaxe do Concello, en 2001, el mesmo declarou: “Eu quería reflectir tamén a vida cotián e alonxarme da anécdota, porque a pintura non é anécdota. A pintura é o que ves... Claro que a pintura é unha maneira de interpretar o mundo e vivilo e de fantasear un pouco. Un imaxino unha cousa e logo tento de pintala cun pouco de fantasía”.

A “Alegoría de la Pesca, la Industria y la Agricultura” que agora vai ser doada ao Concello é, neste sentido, unha viva expresión do universo persoal e pictórico de Rivas Briones, fillo adoptivo da cidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -