_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
"Novedades Carminha" protagonizará o concerto das festas de Santa Rita, o 19 de maio na Xunqueira

"Novedades Carminha", o trío galego de punk e garaxerock creado en Madrid en 2007, protagonizará o concerto das Festas de Santa Rita, que este ano se celebrarán entre o venres 18 e o martes 22 de maio (festivo local). A concellería de Cultura ten practicamente pechado o programa, que incluirá, como xa vén sendo tradicional, unha feira celta na cortorna do río do Con, no parque da Xunqueira e aos pes do convento e pazo de Vistalegre.
26.03.2018.- O concerto de "Novedades Carminha" será o sábado, 19, ás 23,00 horas, precisamente no parque da Xunqueira. Por suposto, o acceso será libre e gratuíto. No espectáculo, o grupo presentará o seu novo disco, o cuarto, titulado "Campeones del Mundo". Segundo a súa produtora, Ernie, este traballo e ó mais ambicioso ata a data, e o que "exploran e atopan novas vías para continuar a súa conquista das pistas de baile. A banda, que conseguiu cos seus álbums anteriores situarse entre as cabezas de lanza do Rock and Roll, asume linguaxes de estilos e xéneros que lles eran alleos ata agora, obtendo como resultado un disco fresco, sexy e contemporáneo. No proceso foxen da grandilocuencia e a épica para presentar un traballo suxestivo que se sitúa á altura do seu potente directo, que lles levou a encher multitude de salas e a participar en ducias de festivais en España e México".

Para logralo, Carlos Pereiro – Carlangas-, Adrián D. Bóveda – Jarri- e Xavi G. Pereiro, contaron en "Campeones del Mundo" coa produción do rapero Hevi, o enxeñeiro Raúl Pérez aos mandos, e a colaboración de Daniel Alonso (Pony Bravo) ás teclas. De traducilo en imaxes encargouse o artista plástico Eloy Arribas, con cuxas ilustracións traballou a deseñadora Cinta Arribas para crear o soporte físico de "Campeones del Mundo".

"Novedades Carminha" ten un estilo baseado en melodías atractivas, sinxelas e con letras cargadas de sentido do humor. O seus característicos e potentes directos converten ao público en partícipe do espectáculo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -