_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O plan de mellora estética da cidade continuará coa restauración de 100 farois e 200 báculos de sinais

No marco do plan de mellora estética e da imaxe da cidade, o Concello de Vilagarcía levará cabo unha nova actuación tendente a restaurar e acondicionar 100 farois do alumeado público e 200 báculos de sinalización. Para financiar os traballos, orzamentados en 34.690 euros, recorrerase aos fondos provinciais do POS correspondentes ao presente exercicio. A memoria da actuación aprobouse na Xunta de Goberno Local desta semana.
28.03.2018.- Con este proxecto dáse continuidade ao levado a cabo o ano pasado e que se centrou na restauración e pintado dos farois tradicionais de fundición situados no centro urbano, cuxo exterior estaba moi deteriorado debido ao paso do tempo, á exposición á intemperie e a prácticas incívicas como o pegado de carteis ou a pintada de grafitos.

Esta nova fase permitirá recuperar a imaxe de 100 farois de fundición e de 200 báculos de sinalización. No caso dos farois, prevese a revisión e reparación do sistema eléctrico, o decapado da pintura, eliminación de óxidos, limpeza e preparado para o posterior pintado. Este realizarase con pintura sintética de gran resistencia á intemperie, en cor gris grafito, e con acabado similar ao ferro forxado.
Tamén se actuará dentro deste mesmo proxecto no acondicionamento de 200 báculos de sinalética dispersos pola cidade. Os traballo nos postes metálicos de aceiro galvanizado consistirán na revisión, limpeza xeral e decapado de pinturas, eliminación de óxidos, limpeza e lixado preparatorio para o pintado ou vernizado final.

A previsión é que as tarefas se realicen “in situ” polo que se esixirán medidas de protección do pavimento e limpeza final do mesmo.

Unha vez que xa se aprobou a memoria e remitiuse á Deputación, haberá que esperar a que o organismo provincial confirme a subvención para poder licitar o proxecto.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -